Comezamola ruta no Paseo dos Namorados en Sargadelos con unha boa xeada que co paso do día converteuse nunha ruta moi agradábel, logo de andar uns metros polo asfalto collimos a derivación que nos leva polo antigo Camiño Real, que esta asociación ten tanto en estima, onde podemos ver distintas edificacións do que no seu día foron muíños, sendo o mais grande o Muíño do Pemán.
Logo de cruzar Cervo seguimola senda ao carón do río cruzando numerosas pontes de pedra nas cales podemos apreciar o esforzo que tiveron que facer para poder facelas de xeito que a día de hoxe aínda sigan en pe.
A ruta en xeral foi de fácil recorrido ainda que o final, polo alto nivel da auga caída en días anteriores tivemos que improvisar un camiño para poder saír a carretera.
O retorno ao lugar de inicio fixémola por unha carretera interior facendo unha parada na fabrica de Sargadelos onde podemos visitar un horto alienixena
Unha vez chegado ao lugar de inicio e antes de marchar cada un para a súa casa decidimos tomar uns viños no Bar A Sacabeira, onde se portaron moi ben con nos.
Na proxima xa comezamos o Camiño do Cantábrico en Ribadeo
Powered by Wikiloc