tag:blogger.com,1999:blog-67652931441857388322024-03-12T15:39:53.925-07:00Ruta do Río XuncoPaso Miudohttp://www.blogger.com/profile/15077077421102271672noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-6765293144185738832.post-64428191388540948012023-02-08T22:22:00.000-08:002023-02-08T22:22:19.514-08:00CronicaO pasado día 22 de xaneiro a asociación de sendeirismo Paso Miúdo
vólveo a retomar as súas camiñatas, este ano vai ser algo distinto
ao habitual na nosa asociación pois debido ao alto custo dos
autobuses, este ano decidimos de facer os desprazamentos nos nosos
vehículos polo que as rutas serán un pouquiño mais cerca.

Comezamola ruta no Paseo dos Namorados en Sargadelos con unha boa xeada que co
paso do día converteuse nunha ruta moi agradábel, logo de andar uns
metros polo asfalto collimos a derivación que nos leva polo antigo
Camiño Real, que esta asociación ten tanto en estima, onde podemos
ver distintas edificacións do que no seu día foron muíños, sendo
o mais grande o Muíño do Pemán.

Logo de cruzar Cervo seguimola senda ao carón do río cruzando numerosas
pontes de pedra nas cales podemos apreciar o esforzo que tiveron que
facer para poder facelas de xeito que a día de hoxe aínda sigan en
pe.

A ruta en xeral foi de fácil recorrido ainda que o final, polo alto
nivel da auga caída en días anteriores tivemos que improvisar un
camiño para poder saír a carretera.

O retorno ao lugar de inicio fixémola por unha carretera interior
facendo unha parada na fabrica de Sargadelos onde podemos visitar un
horto alienixena

Unha vez chegado ao lugar de inicio e antes de marchar cada un para a súa
casa decidimos tomar uns viños no Bar A Sacabeira, onde se portaron
moi ben con nos.

Na proxima xa comezamos o Camiño do Cantábrico en Ribadeo

Powered by Wikiloc
Paso Miudohttp://www.blogger.com/profile/15077077421102271672noreply@blogger.com0